Un estudo analizará a rede de colectores de Chantada para evitar os vertidos ao río Miño

RibeiraSacraXa
A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS) vén de adxudicar á empresa Proyfe SL a elaboración dun estudo previo para saber o estado da rede de colectores de Chantada.
CHMS e alcalde Chantada
8 Xan 2024

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS) vén de adxudicar á empresa Proyfe SL a elaboración dun estudo previo para saber o estado da rede de colectores de Chantada.

O fin deste estudo é levar a cabo un informe de necesidades para propoñer solucións para mellorar o funcionamento desta rede e evitar os vertidos ao río Miño tendo en conta as condicións actuais da infraestrutura.

Desta maneira, a empresa realizará unha simulación hidráulica da rede en condicións normais e en situacións de chuvia para identificar os puntos críticos e así saber como actuar no futuro.

Accións para a mellora da rede de contedores

Algunhas das accións que se analizan desde a CHMS son a construción de tanques de tormenta, a eliminación de vertedoiros hidráulicos, a instalación de estacións de bombeo, a creación de novos tramos de tubaxe ou a separación de augas pluviais e as augas limpas dos leitos fluviais.

José Antonio Quiroga, presidente da CHMS, apuntou a que o saneamento de Chantada require unha actuación integral para evitar vertidos e filtracións, para conseguir un desenvolvemento máis sostible.

0.1903350353241