Un equipo internacional de 14 persoas estivo a traballar escavación en Vilarello, Cereixa
Un equipo internacional de 14 persoas dirixido por Rodrigo Paulos Bravo estivo a traballar nas últimas semanas na segunda campaña de escavación en Vilarello, Cereixa, para tratar de esclarecer a historia do asentamento.
A escavación, promovida pola Asociación veciñal María Castaña, a Universidade Complutense de Madrid, o Instituto de História Contemporânea e o Incipit-CSIC; trátase dun poblado amurallado que estivo habitado na época de transición entre a Idade do Bronce e a Idade do Ferro, pero ademais, os traballos desta segunda campaña indican que se asentou sobre os restos aínda máis antiguos dun monumento megalítico.
Nesta campaña tamén se identificou un segundo foso perimetral que amosa que o asentamento é bastante máis grande do que inicialmente se pensaba.
Ademais apareceron numerosos materiais, máis de 500 pezas entre as que se contaban unha placa de lousa con incisións, e unha cunca feita de pedra con restos de pigmento vermello.
A semana pasada estivo o alcalde, Xosé Lois Maceda, e a concelleira, Noelia Besteiro, vendo os avances e poñendo en valor o "intenso traballo a prol de revelar valioso coñecemento sobre a nosa historia".