Un encontro clave para impulsar a Ribeira Sacra como Patrimonio Mundial
O vindeiro venres 13 de setembro, ás 19.00 horas, levarase a cabo un encontro no mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil, no municipio de Nogueira de Ramuín co obxectivo de promover a participación cidadá na candidatura da Ribeira Sacra para ser declarada Patrimonio Mundial da Humanidade pola UNESCO.
A iniciativa busca involucrar aos veciños e representantes locais, para compartir información sobre o estado actual da candidatura e escoitar as súas opinións e preocupacións. Deste xeito, preténdese identificar a líderes de asociacións veciñais e representantes de distintas parroquias, coa finalidade de fortalecer a base de datos de cara á próxima convocatoria do Consello Parroquial, que se celebrará en outubro.
O encontro está aberto a toda a cidadanía, así como a asociacións veciñais e culturais, comunidades de montes e outros actores sociais, económicos e culturais da zona. Non se require inscrición previa para asistir. Para máis detalles sobre a candidatura e a estratexia de participación, os interesados poden consultar o perfil de Instagram @participa_ribeirasacra.
Esta reunión supón unha oportunidade clave para que a comunidade se involucre activamente no proceso de recoñecemento internacional da Ribeira Sacra, unha das xoias paisaxísticas e culturais de Galicia.