Un edificio antigo está a ser reformado para albergar a Biblioteca Municipal de Chantada

RibeiraSacraXa
O Concello de Chantada está executando as obras para poder contar cun edificio dedicado exclusivamente a Biblioteca Municipal situado na rúa Manuel Formoso Lamas, ao carón da Policía Local.
nova biblioteca Chantada 2
31 Jan 2024

O Concello de Chantada está executando as obras para poder contar cun edificio dedicado exclusivamente a Biblioteca Municipal situado na rúa Manuel Formoso Lamas, ao carón da Policía Local.

Este edificio antigo, do que se conservaron casco e paredes, acábase de reformar nunha primeira fase na que se baleirou a estrutura e puxéronse as madeiras e xa se ten mercado o ascensor. Na segunda fase hai que poñer o teito e establecer as divisións.

O alcalde, Manuel Lorenzo Varela explica que “estamos recuperando unha vivenda do casco antigo para facela unha biblioteca accesible e moderna", mentres que actualmente a biblioteca, distribuída en varias dependencias, ubícase na Casa da Cultura, tamén no casco antigo.

A primeira fase destas obras tivo un orzamento de 300.000 euros, aportados pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e o Concello de Chantada. Destínase o mesmo orzamento de 300.000 euros á segunda fase que ten que estar rematada a mediados de decembro.

O traslado da biblioteca ás novas instalacións ampliará o espazo expositivo dispoñible na Casa da Cultura. “Na casa da cultura, onde tamén temos a Oficina de Turismo, queremos facer un espazo museístico, pero aínda sería necesario sacar o salón de plenos”, asegura o alcalde.

“Ao carón da nova biblioteca o Concello de Chantada adquiriu o edificio no que está a Policía Local e mercamos tamén a antiga academia onde ampliaremos as dependencias municipais. Rehabilitamos e conservamos un espazo importante no casco antigo de Chantada, ao carón do concello, ao tempo que centralizamos servizos”, conclúe Manuel Lorenzo Varela.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.16787719726562