Un curso sobre a aprendizaxe e a motivación terá lugar na aula da UNED de Monforte

RibeiraSacraXa
A aula da UNED de Monforte organiza un curso sobre a aprendizaxe e a motivación o vindeiro desde o 21 ao 29 de novembro, en horario de 18.
Uned Monforte
18 Nov 2023

A aula da UNED de Monforte organiza un curso sobre a aprendizaxe e a motivación o vindeiro desde o 21 ao 29 de novembro, en horario de 18.30 a 20.30 horas, tanto presencial como online.

Este curso, para o que xa está aberto o prazo de matrícula,centrarase na importancia de aspectos como a motivación, o feedback e a autorregulación, fundamentais para construír a aprendizaxe dos nosos alumnos e alumnas.

Isabel Cachaldora Sánchez, mestra de Educación Infantil e primaria, e habilitada pola Xunta de Galicia como mestra en Pedagoxía Terapéutica, será a encargada de impartir esta actividade.

0.16421985626221