Un curso de envellecemento activo desenvolverase en Ribas de Sil
RibeiraSacraXa
As persoas de máis de 60 anos inscritas a través do número 982 428 237 ou nas oficinas municipais, poderán conseguir o seu benestar
9 sep 2024
O Concello de Ribas de Sil, en colaboración co Xeoparque Montañas do Courel, acolle un curso de envellecemento activo.
O curso, organizado pola Fundación Amigos de la Barrera e co apoio da Xunta de Galicia, terá lugar os vindeiros 23 e 25 de setembro no salón de actos do Concello.
Así, entre as 16.00 e as 18.00 horas, as persoas de máis de 60 anos inscritas a través do número 982 428 237 ou nas oficinas municipais, poderán conseguir o seu benestar de modo personalizado e acompañado.
O programa inclúe obradoiros de desenvolvemento da memoria afectiva, desenvolvemento da creatividade e a imaxinación a través da maxia, desenvolvemento de intelixencia interpersoal, risoterapia e ‘coaching’ nutricional.