Un curso de 'Alfabetización Dixital' dirixido a persoas con discapacidade está a desenvolverse en Monforte

RibeiraSacraXa
Cogami iniciou en Monforte de Lemos un curso de Alfabetización Dixital dirixido a persoas con discapacidade e financiado polo Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes a través de COCEMFE, entidade da que forma parte COGAMI.
Cogami dixitalización Monforte
29 Feb 2024

Cogami iniciou en Monforte de Lemos un curso de Alfabetización Dixital dirixido a persoas con discapacidade e financiado polo Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes a través de COCEMFE, entidade da que forma parte COGAMI.

Esta formación contará con 60 horas lectivas e está a ser impartido nas instalacións da aula CEMIT do Multiusos de Monforte de Lemos. Iniciárono 8 persoas, 3 homes e 5 mulleres do municipio e teñen o certificado de discapacidade do 33 % como mínimo ou incapacidade laboral para profesión habitual.

Esta formación está enmarcada nas actuacións dirixidas á atención de persoas con discapacidade adultas con NEE 2023-24 e as clases serán impartidas en horario de 9 a 14 horas. Nelas abordaranse diversos módulos sobre internet, procesador de textos e folla de cálculo, rematando a mediados do mes de marzo.

Os cursos formativos que imparte COGAMI teñen como obxectivo impulsar a inserción sociolaboral mediante a obtención de coñecementos e habilidades necesarios para facilitar a incorporación ao mercado laboral o antes posible.

As persoas que iniciaron este curso están apuntadas na bolsa de emprego de COGAMI, contando actualmente con 148 persoas inscritas como demandantes de emprego procedentes do Concello de Monforte de Lemos.

0.098803997039795