Un colectivo do Courel oponse á creación dun parque eólico no límite co Bierzo

RibeiraSacraXa
A Volta Grande do Courel rexeita o plan eólico, con 22 muíños e 50 quilómetros de liñas, que respalda unha firma noruega
parque eólico
10 Feb 2021

A asociación A Volta Grande do Courel amosa o seu rexeitamento á pretensión da empresa noruega Stakraft de crear un parque eólico nos montes lindeiros entre O Courel e o Bierzo, con 22 muíños de vento e máis de 50 quilómetros de liñas para a evacuación da enerxía producida.

Nun manifesto compartido a través das súas redes sociais, o colectivo oponse firmemente a este proxecto, e anima a veciños, visitantes e asociacións a "loitar por preservar estas paisaxes e os seus valores ambientais e patrimoniais". Para a asociación, "os intereses empresariais das corporacións, centradas agora no filón enerxético, non poden estar por riba da protección dos recursos ambientais e patrimoniais da zona, nin nos dereitos a vivir dignamente aquí".

Desde A Volta Grande do Courel lamentan que na zona "continuamos padecendo numerosos cortes de  luz e moitas deficiencias no servicios... e agora pretenden montar un negocio que só repercutirá negativamente na economía da zona. Se non o evitamos, será un golpe sen volta atrás".

A asociación asegura que este plan eólico afectaría directamente a 99 parroquias de 10 concellos de Lugo e León e, por iso, esíxelle tanto á Xunta de Galicia como á Junta de Castilla y León, e tamén aos gobernos de España e Noruega, que "paralicen de inmediato este atentado contra O Courel e o Bierzo".


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.19482278823853