Un acto solidario recada diñeiro para a Asociación cultural Musica Luís Nieves de Monforte
Os multicines Hollywood de Monforte acolleron un acto solidario para a Asociación Cultural Musical Luís Nieves.
Este acto consistiu na proxección de 3 curtametraxes realizadas no colexio Escolapios e que foron dirixidos polo profesor Javier Saco e promotor desta iniciativa.
As curtas presentados foron Darlo todo (2018), La buena elección (2019) y La chica de la ventana (2022), este último galardoado o pasado martes co primeiro premio do certame Cineduca que organiza o Ateneo de Santiago para todos os centros educativos de Galicia.
Toda a recadación obtida neste pase especial vai ser destinada integramente á asociación, que outorga anualmente unha bolsa musical para aquelas persoas que carecen de recursos económicos para iniciar ou ben continuar os seus estudos musicais.
A filosofía desta iniciativa é fomentar a creatividade e a solidariedade entre a mocidade de Monforte, educando en valores e favorecendo a igualdade de oportunidades no acceso á cultura.