Últimos días para sumarse á Aula de Verán da Pobra do Brollón

RibeiraSacraXa
Os interesados deberán apuntarse, antes do 23 de xuño deste 2022, ben por escrito, telefónicamente ou presencialmente.
a pobra de brollon aula de veran
21 Xuño 2022

Os interesados teñen fixada a data límite para apuntarse no 23 de xuño.

As prazas que ofrece o Concello de A Pobra do Brollón son limitadas e os interesados teñen de prazo para anotarse ata este 23 de xuño.

Calquera que desexe obter máis información ou inscribirse directamente deberá acudir ás  oficinas de Servizos Sociais na Casa da Cultura, 1º andar, ou ben chamar ao teléfono 982 430 447.

Tamén poderán poñerse en contacto a través do correo electrónico: educacionfamiliar@concellodapobradobrollon.gal.

De darse a situación de "superar o número de prazas ofertadas, terán prioridade os nenos e nenas empadroados na Pobra do Brollón, pais e nais con cargas familiares non compartidas e familias nas que ambos proxenitores estean traballando".

As actividades durarán todo mes de xullo de luns a venres entre as 10.00 a 13.30 horas.

aula de veran pobra de brollon
0.092766046524048