Últimos días para recoller as máscaras que reparte o Concello de Chantada
RibeiraSacraXa
O Concello seguirá entregando ata o venres máscaras de balde ás persoas maiores de 14 anos e empadroadas no municipio. Dan sete unidades por persoa.
23 Mar 2021
O Concello de Chantada lembra que ata o vindeiro venres, día 26 de marzo, seguirá co reparto gratuíto de máscaras sanitarias entre os veciños e veciñas do municipio. En concreto, están a entregar dúas máscaras FFP2 e cinco cirúrxicas por persoa.
Para poder recibir este material, totalmente de balde, requírese ter máis de 14 anos e estar empadroado no municipio.
As persoas que aínda non recolleron as súas máscaras poden facelo na entrada do edificio de Servizos Sociais da Praza de Galicia, ata o vindeiro venres en horario de 8.30 a 14.30 horas, presentando sempre o DNI. En caso de non poder acudir, pode recoller as máscaras outra persoa co DNI que corresponda.