Últimos días para apuntarse ao Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra
Últimos días para apuntarse ao Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra, que busca proxectos innovadores para desenvolver o medio rural e poñer en valor os seus recursos e terán preferencia os vinculados co territorio Ribeira Sacra.
Nesta X edición do Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra repartiranse 20.000 euros en premios, xa que o 1º premio será de 10.000 euros, o 2º de 6.000 euros e o 3 de 4.000. O 22 de xullo publicarase o nome das dez ideas que o xurado considere de maior interese conforme aos obxectivos do concurso.
A estrutura da presentación da idea debe contar con título do proxecto (20 palabras para resumir de que trata a iniciativa), descrición xeral (300 palabras para describir do modo máis eficaz en que consiste a iniciativa) e oportunidade do proxecto (150 palabras explicar a necesidade que cobre o produto ou servizo), puntos fortes do proxecto (150 palabras que conteñan a información DAFO), descrición temporal da formulación e implantación do proxecto (150 palabras para explicar as fases, prazos e outros compoñentes de tipo temporal para a formulación e implantación do proxecto).
As ideas seleccionadas presentarán antes do 30 de setembro do 2024, o proxecto rematado, achegando arquivos PDF mediante formulario na intranet de concursantes da web www.sementeribeirasacra.org.
Unha vez presentada a documentación, o xurado convocará aos finalistas para a exposición e defensa do seu proxecto e o fallo do xurado darase a coñecer o día 26 de outubro do 2024, e nesa xornada presentaranse os proxectos no Parador de Turismo de Monforte de Lemos e pola noite celebrarase a entrega de premios.