Últimos días de prazo para inscribirse na Casa da Música de Chantada

RibeiraSacraXa
Chegaron os últimos días para poder inscribirse na casa da música de Chantada, que ten o prazo aberto ata o 17 de setembro.
casa música chantada
16 sep 2021

Chegaron os últimos días para poder inscribirse na Casa da Música de Chantada. Desta maneira, dende a Casa da Música volven abrir o formulario de matrícula para poder anotarse naquelas materias nas que aínda quedan prazas dispoñibles.

Para iso, é preciso entregar na seguinte ligazón https://forms.gle/Eq6vhSn3hs1SicYV8

O prazo termina o este próximo venres 17 de setembro e pódense escoller materias colectivas e diferentes instrumentos. Para máis información pódese consultar a web, chamar ao número de teléfono 982 440 767 ou contactar a través do enderezo electrónico secretariaesmu@gmail.com

chantada casa da musica cartel
0.095582008361816