Trives apraza a celebración do Magosto ao 16 de novembro

RibeiraSacraXa
O Concello de Trives suspende o Magosto, previsto para este sábado, así como todos os actos oficiais do Concello, con motivo dos 3 días de loito decretados en todo o Estado por mor dos tráxicos efectos da DANA
concello-de-trives
Casa do Concello de Trives
31 Oct 2024

Dende o Concello da Pobra de Trives anuncian hoxe o aprazamento do magosto previsto para mañana, con motivo dos 3 días de loito decretados en todo o Estado por mor dos tráxicos efectos da DANA en Valencia, sobre todo, pero tamén Castela-A Macha e Andalucía. As bandeiras oficiais do Concello ondean a media asta e cun crespón negro, no caso das interiores.

De igual modo, suspéndense todos os actos públicos oficiais, así como os de carácter
festivo organizados polas diferentes concellerías, durante o tempo decretado como loito oficial. Por este motivo, queda suspendida a celebración do magosto que estaba prevista para o día 2 de novembro, trasladándose ao 16 de novembro.

Ademais, dende o Concello de Trives, a través da propia alcaldesa, Patricia Domínguez, están a contactar cos veciños e veciñas trivesas residentes nas zonas afectadas para interesarse pola súa situación, ofrecer axuda e amosar a solidaridade da nosa vila con todas as personas afectadas e que residen nesas comunidades, o que fan extensivo, a través dun comunicado, a todas aquelas coas que de momento non nos foi posible aínda contactar”.

0.1649489402771