Trives acollerá a presentación da novela gañadora do Premio Vilar Ponte 2023

Este venres, 16 de maio, a Pobra de Trives terá a oportunidade de coñecer de preto a novela gañadora do Premio Vilar Ponte 2023. A partir das 18:30 horas no Auditorio Xulio Vázquez, o autor Óscar M. Guzmán presentará a súa obra ‘Pero... como morren as pegas?’.
O escritor estará presente para falar sobre o seu libro e compartir detalles do proceso creativo. Esta é unha excelente ocasión para os amantes da literatura galega de descubrir de man do propio autor a súa obra premiada.
A entrada é libre para todas as persoas interesadas.