Triunfo do Quixós, con 13 medallas no campionato nacional de piragüismo
RibeiraSacraXa
Os deportistas do club están xa en Monforte despois do éxito obtido a fin de semana no campionato celebrado en Lleida.
13 Apr 2021
Novo éxito do club Quixós, que está xa en Monforte coas trece medallas conseguidas nos campionatos nacionais disputados a fin de semana en Lleida.
Noa Díaz fíxose con tres medallas de ouro: en K-1 e C-1 sprint, e en K-1 cadete, e Ximena Prats foi prata nas mesmas tres categorías.
Tres medallas son tamén as que conseguiu Efrén Álvarez, ao adxudicarse o metal de ouro, en C-1 e K-1 sprint, e a medalla de prata en K-1 cadete. Pola súa banda, Gabriel Rodríguez foi ouro en K-1 júnior e prata en K-1 sprint, e Carlos Serafín fíxose coa medalla bronce en K-1 sénior.
Por clubs, o Quixós situouse en terceira posición, por detrás do Sicoris Club e do Fluvial O Barco.