Trinta candidaturas optan aos Premios do Deporte 2025 en Monforte de Lemos

RibeiraSacraXa
A iniciativa pretende visibilizar o esforzo e a dedicación das persoas vinculadas ao deporte local
gala-deporte-monforte-2024
25 May 2025

Un total de 30 candidaturas foron presentadas para participar na nova edición do Concurso de Premios do Deporte 2025, convocado polo Concello de Monforte de Lemos. O certame busca recoñecer e poñer en valor o traballo realizado por deportistas, adestradores/as, árbitros/as e clubs ao longo do presente ano.

Segundo destaca o alcalde de Monforte, José Tomé Roca, a iniciativa pretende visibilizar o esforzo e a dedicación das persoas vinculadas ao deporte local, que con frecuencia acadan importantes resultados en competicións a nivel autonómico, nacional e mesmo internacional.

Unha vez formalizadas todas as candidaturas, o seguinte paso será a selección das persoas e entidades gañadoras en cada categoría. Esta tarefa recaerá nun xurado composto por seis membros, entre os que figuran representantes municipais e persoas vencelladas ao deporte a nivel local, provincial e autonómico. O órgano estará presidido polo alcalde de Monforte, José Tomé Roca, e contará tamén coa participación do concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán.

Os nomes das persoas e clubs galardoados daranse a coñecer na Gala do Deporte 2025, cuxa data de celebración está aínda por concretar.

⚙ Configurar cookies
0.16063714027405