Tres concellos da Ribeira Sacra serán os únicos en alerta na provincia dende o venres

RibeiraSacraXa
Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
ribeira sacra vistas
24 Mar 2021

O comité clínico de expertos que avalía a situación da covid-19 en Galicia, ven de acordar na última xuntanza que o concello de O Saviñao entre na zona de alerta alta tras detectarse un aumento da incidencia. Do mesmo xeito, Paradela sae da alerta máxima, unha vez superado o gromo, e entra na normalidade.

Tamén foron boas novas para Chantada, que volve quedar fóra da situación de alerta e si continuarán Sober e Pantón no nivel medio pola incidencia acumulada.

A nova situación entrará en vigor ás 0.00 horas do venres 26.

O sistema de alerta está establecido en 4 niveis:

  • Máxima. Para incidencia maior de 500 casos por 100.000 habitantes.
  • Alta. Para incidencia de 250 a 500. O Saviñao
  • Media. Para incidencia de 150 a 250. Sober e Pantón.
  • Baixa. Por debaixo de 150. O resto da provincia.

OS DATOS DE HOXE

A covid-19 segue retrocedendo na provincia con 182 casos activos, 6 menos que onte. Na xornada anterior o descenso foi de 5.

De feito, diagnosticaron nas últimas 24 horas 4 casos novos (onte foi 2). Ademais, as altas chegaron ás 11.567, 11 en 24 horas, o día anterior foron 8.

Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 11.965 casos rexistrados e 211 persoas falecidas.

A presión hospitalaria volve subir. Mentres a UCI do Hula reduce a 2 persoas ingresadas, unha menos, en planta son 11 os enfermos (2 máis), 8 no hospital de Lugo (1 máis), 1 en Burela e Monforte volve ter ingresos, con 1 caso.

POR COMARCAS

A Mariña

Xornada sen cambios.

  • Sen casos novos en 15 días están Trabada, Ourol, O Vicedo, Cervo, Barreiros, Foz, Alfoz, O Valadouro, Mondoñedo e A Pontenova.
  • Na última semana tampouco tiveron Lourenzá e Ribadeo.
  • Preocupa a situación en Riotorto, que segue por debaixo de dez casos pero cunha incidencia de nivel de alerta media.

Terra Chá

A comarca mantén unha incidencia mínima en Outeiro, Friol e Vilalba. Guitiriz sairá o venres da zona de alerta sen casos nunha semana.

  • Guitiriz sae da zona de alertas sen casos novos nos últimos sete días.
  • No veciño Concello das Pontes están en 10 casos, 1 menos.
  • Sen casos nos últimos quince días están: Pol, Abadín, Cospeito, Muras, A Pastoriza, Rábade e Meira.
  • Begonte, Castro de Rei e Xermade están sen casos novos na última semana.

Centro da provincia

A comarca mantén a incidencia á baixa con Antas de Ulla xa sen casos na última semana.

  • Lugo rebaixa 2 casos e queda en 31 positivos.
  • Limpos de covid nos últimos quince días están: A Fonsagrada, Pedrafita do Cebreiro, Negueira de Muñiz, Navia, Cervantes, Ribeira de Piquín, Becerreá, As Nogais, Portomarín e Baralla, Baleira e Guntín.
  • Sen casos os últimos 7 están Palas e O Corgo. Únese Antas de Ulla.

Comarca de Sarria

A situación segue mellorando na comarca con Paradela cos valores de incidencia normais e sairá da zona de alerta o venres.

  • Paradela sairá da zona de alertas o venres con incidencia á baixa.
  • Sarria segue con 20 casos.
  • Triacastela, O Incio e O Páramo seguen limpos de covid dende fai semanas.
  • Samos e Láncara xa levan unha semana sen novos positivos.

Ribeira Sacra

A comarca reúne todos os concellos en alerta da provincia. O Saviñao estará en alerta alta dende o venres e seguirán na media Pantón e Sober mentres Chantada recupera a normalidade.

  • Monforte ten hoxe 28 casos, 1 menos.
  • O Saviñao entrará o venres na zona de alerta alta tras subir nos últimos días a incidencia.
  • Pantón e Sober seguirán en alerta media pola súa incidencia que aumentou. Sober deixa de estar limpo de virus a sete días.
  • Sen casos en quince días: Carballedo, Folgoso do Courel e Ribas de Sil.
  • Sen casos nos últimos sete días están Bóveda e A Pobra de Brollón.
0.15976500511169