Tres atletas de Monforte, ao Campionato de España de Campo a través
RibeiraSacraXa
Carmen Martínez, María Cedrón e Carlos López foron convocados coa selección galega para a cita estatal, que será o 28 de febreiro
11 Feb 2021
Tres atletas do Club de Atletismo A Gándara, de Monforte, veñen de ser convocados coa selección galega para o Campionato de España de Campo a Través. Trátase de Carmen Martínez, María Cedrón e Carlos López.
Aínda que en Galicia se suspenderon todas as competicións a nivel autonómico por mor das restricións pola covid-19, no ámbito estatal seguen en marcha os Campionatos de España para as distintas categorías e sectores do atletismo.
O CIII Campionato estatal de Campo a Través Individual e Federacións, no que participarán os tres atletas monfortinos, celebrarase en Xetafe o vindeiro 28 de febreiro. A delegación galega participará cun total de 24 deportistas.