Tres alumnos do IES A Pinguela realizan formación de traballo en Italia e Portugal
RibeiraSacraXa
Son dous meses de formación como parte do programa Erasmus
Saray en Porto
2 Xuño 2024
Tres alumnos do IES A Pinguela están a realizar a súa Formación en centros de traballo en empresas doutros países da Unión Europea gracias ao financiamento que lles ofrece a Carta Erasmus. Son dous meses e medio os que Álvaro Mariñas e Diego G. Guntín, do ciclo medio de Sistemas Microinformáticos e Redes, estarán en Novara (Italia), e Saray Carolina Santos Kruschesky, de FP Básica Servizos Administrativos, en Porto (Portugal).
"Está a ser unha experiencia extraordinaria para eles, durante a que viven noutras linguas e culturas, coñecen uns distintos mundos empresariais e tamén melloran a súa autonomía persoal. Son desas vivencias que nunca se esquecerán. Felicidades pola iniciativa, e desfrutádeo moito", declaran desde o centro.