Trémola Teatro achega o seu espectáculo 'Leo e as cores' esta tarde a Taboada

RibeiraSacraXa
A Área de Cultura, Deporte e Medio Rural do Concello de Taboada organiza para esta tarde unha actividade dedicada aos máis pequenos, a bebés de entre 6 meses e 4 anos.
27 Dec 2023

A Área de Cultura, Deporte e Medio Rural do Concello de Taboada organiza para esta tarde unha actividade dedicada aos máis pequenos, a bebés de entre 6 meses e 4 anos.

Así, o espectáculo 'Leo e as cores' de Trémola Teatro terá lugar a partir das 18.00 horas no auditorio do Cuartel Vello de Taboada, que será aberto a todas as familias interesadas en que os seus pequenos formen parte desta iniciativa.

Desde o Goberno local din que "os máis pequenos tamén teñen dereito a desfrutar do nadal", polo que organizan esta actividade especial para eles.

0.11879706382751