Trece rúas de Monforte van ser melloradas polo goberno local despois de Semana Santa

RibeiraSacraXa
Trece rúas de Monforte van ser melloradas polo goberno local despois de Semana Santa, como comunicaron en rolda de prensa
rolda prensa concello de monforte
23 Mar 2023

O Concello de Monforte anunciou melloras en trece rúas da cidade como resultado de once novos proxectos que se executarán despois de Semana Santa.

Estes proxectos constitúen, tal e como explicou o alcalde “a continuidade do Programa de actuacións a desenrolar polo Equipo de Goberno co obxectivo de dotar con mellores servizos e mellores infraestruturas ó Concello”.

Ademais, dende o Concello validaron o remate das obras e e comprobaron as melloras na rede de subministro que, "tal e como comunican algúns dos veciños", explican; "incrementou considerablemente o caudal de auga que chegaba aos seus domicilios".

Melloras

  • Un primeiro grupo de melloras correspóndense coa Rúa Curros Enríquez, Rúa Pontevedra, Rúa Ribeira e Rúa Caneiro, que presentan un firme da vía algo deteriorado e, polo tanto, aconséllase unha actuación completa de renovación do firme. Así, procederase ao fresado de toda a superficie da vía, previamente á colocación dunha nova capa de rodadura de aglomerado en quente e, por último, o pintado de marcas viais, de símbolos e cebreados.
  • Outro grupo de melloras realizaranse nas Rúas Fontecha, Tomás Vázquez e o Camiño lateral ao Museo do Ferrocarril, que presentan o firme que aconsella unha actuación completa de renovación do mesmo. Así, será necesario proceder ao fresado dos entronques iniciais e finais das vias mencionadas previamente á colocación dunha nova capa de rodadura de aglomerado en quente. En estas tres rúas vaise proceder ao fresado do firme, ao barrido do firme nas zonas afectadas por medios mecánicos, e o firme farase con aglomerado en quente tipo D-12 de 5 cm de espesor e tamén se realizará o recalce das tapas de rexistro en calzada en dado de formigón.
  • O terceiro grupo de melloras afecta á Rúa Santiago e Rúa Incio, nas que ademais do fresado, nos entronques iniciais e finais da vía previamente á colocación da nova capa de rodadura de aglomerado en quente, hai que proceder á apertura da caixa e rechear con zahorra compactada. En ambos casos utilizarase tamén aglomerado en quente tipo D-12 de 5 cm de espesor.
  • En cuarto lugar, a Rúa da Travesía e a Veiga procederase a unha renovación completa do firme pero neste caso é preciso proceder á apertura da caixa, poñer base de pedra en toda a superficie e un triple rego asfáltico.
  • En quinto lugar, temos un proxecto que afecta á Rúa Irmandiños e Mato, nas que tamén se procederá a unha renovación completa do firme, unha delas vaise fresar nos entronques iniciais e finais pero a outra vaise fresar completa previamente á colocación da nova capa de rodadura de aglomerado en quente de 5 cm de espesor.
  • Por último, na Travesía Malecón - A Peña hai un tramo da rúa que se atopa deteriorado e con unha acera nun dos lados que está en mal estado. Ademáis na zona inferior que é mais ancha, provócanse aparcamentos desordeados con bastante frecuencia. Polo tando, vaise colocar un novo pavimento de formigón semipulido, unha acera de bordillo de formigón e baldosas de cemento nun dos laterais e do outro lado, vanse crear 3 plazas de aparcamento e rematarase a acera de pedra que hai na actualidade. Por último, pintaranse as marcas viais.

En total, os investimentos para a mellora destas 13 rúas alcanzan os case 300.000 euros.

O rexedor concretou que as obras vanse a contratar xusto despois de Semana Santa e anunciou ademáis que “próximamente tamén se iniciarán actuacións no Barrio do Casar e nalgunha pista rural que debido á extracción de madeira con camións pesados deterioráronse e bacheáronse, por iso, queremos rexeneralas o antes posible”.

0.15160703659058