Trece mozos e mozas participan no campo de voluntariado “Romería e Castro de San Lourenzo” na Pobra do Brollón

Do 1 ao 12 de agosto, trece mozos e mozas de entre 18 e 30 anos, procedentes de Galicia, outras zonas de España e países como Italia ou Hungría, participan no campo de voluntariado “Romería e Castro de San Lourenzo”, que se está a desenvolver na Pobra do Brollón. Esta actividade combina o traballo comunitario coa posta en valor do patrimonio arqueolóxico da zona.
Os participantes colaboran na escavación e mantemento do castro e da necrópole medieval de San Lourenzo, baixo a supervisión de especialistas, e tamén participan na organización da tradicional Romaría que se celebra no propio castro o 10 de agosto.
A Xunta de Galicia promove estas iniciativas durante o verán na zona sur da provincia de Lugo, a través do programa de campamentos da Dirección Xeral de Xuventude, fomentando así o compromiso xuvenil coa conservación do patrimonio e o traballo en equipo.