Tomé participa no xantar de Nadal do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra

RibeiraSacraXa
José Tomé participa en Monforte no xantar de Nadal do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra
Xantar Nadal DO Ribeira Sacra
10 Dec 2022

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asistiu este venres ao xantar de Nadal do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra que tivo lugar en Monforte de Lemos.

Tomé Roca aproveitou a ocasión para felicitar ás adegas incidindo na calidade dos caldos, e puxo en valor o traballo dos viticultores da Ribeira Sacra que están “consolidando a presenza dos nosos viños nos mercados e, tamén, nas cartas de viños dos restauradores de maior prestixio”.  Explicou que “ter un sector vinícola sólido é unha riqueza en si mesmo, pero tamén favorece o turismo, a hostalería e o comercio, porque arredor do viño créase emprego e riqueza no rural, o que axuda a frear os desequilibrios territoriais e a fixar poboación de cara ao futuro”.

Durante o acto entregáronse as 14 medallas que recibiu a Denominación de Orixe da Ribeira Sacra no concurso internacional Mondial des Vins Extrêmes que organizou o Cervim en Italia.

Este certame enolóxico distingue os viños producidos en rexións de montaña ou procedentes de cultivos extremos. Distinguíronse 8 viños coa medalla de ouro: Ibio 2019 de Don Bernardino (Sober), Don Cosme 2020 de EDV SLU (Quiroga), Finca Cuarta Ladeira 2021 de Rubén Moure Fernández (Sober), Finca Cuarta A Costa 2019 de Rubén Moure Fernández (Sober), Ciudáseis 2021 de María Gloria Alvarín Losada (Monforte de Lemos), CastroFiz Tradición 2020 de José Luis Fernández Pedreira (Chantada), Instinto Romano 2021 de Miguel Pavón Reinoso (Taboada) e Bancales Olvidados 2019 de Adega Ponte da Boga S.L. (Castro Caldelas). Tamén se entregaron 6 medallas de prata: Rectoral de Amandi 2021 de Bodegas Rectoral de Amandi SAU (Sober), Condado de Sequeiras 2021 de Grupo Peago (Chantada), Rosa do Frade 2021 de Adega Vella Xeracións (A Teixeira), Prómine Singular 2021 de Adegas Petrón (Sober), Finca Cuarta Mencía 2021 de Rubén Moure Fernández (Sober) e Inseparables 2021 de EDV SLU (Quiroga).

0.2112250328064