Toma posesión Paz Rivera como nova directora xeral de Desenvolvemento Rural e da Agader

LugoXa | TerraChaXa | RibeiraSacraXa
Rodríguez Rivera foi axente de Emprego e Desenvolvemento Local no Concello de Friol nos últimos tres anos
toma-posesion-paz-rodriguez-rivera-xunta
Toma de posesión de Paz Rodríguez Rivera
24 Maio 2024

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, presidiu a toma de posesión de Paz Rodríguez Rivera como nova directora xeral de Desenvolvemento Rural e da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) da Consellería. No acto, que tivo lugar no complexo administrativo de San Caetano, a conselleira destacou a súa traxectoria profesional, vinculada ao desenvolvemento do rural galego e á súa posta en valor.

Nada en Monforte de Lemos en 1970, é licenciada en Dereito pola Universidade da Coruña e conta con estudos complementarios en materia de mobilidade de terras e desenvolvemento no ámbito rural, así como noutros eidos da economía ou o emprego.

Rodríguez Rivera foi axente de Emprego e Desenvolvemento Local no Concello de Friol nos últimos tres anos. Anteriormente ocupou o cargo de xerente do Grupo de Desenvolvemento Rural da Comarca de Lugo para ocuparse da xestión do Plan Leader no marco do Programa de Desenvolvemento Rural 2014-2020.

Ademais, conta con experiencia previa vinculada á Consellería do Medio Rural, onde prestou asistencia técnica entre os anos 2016 e 2017 para a revisión e redacción da Lei 4/2015, de Mellora da Estrutura Territorial Agraria de Galicia e da Lei 6/2011, de Mobilidade de Terras de Galicia. Durante un breve período de tempo tamén traballou en Tecnologías y Servicios Agrarios S.A. e, de forma previa, a súa actividade profesional estivo vinculada ao dereito.

0.19124698638916