Toldaos, en Pantón, celebrará O Son da Aldea
A asociación de veciños As Candelas de San Xoan de Toldaos é a encargada da organización de O Son da Aldea, o I Festival Cultural de Toldaos, que se festexará entre o 24 e 25 de xuño.
A Asociación de veciños As Candelas de San Xoan de Toldaos (Pantón) prapara para os días 24 e 25 de xuño “O Son da Aldea”, o I Festival Cultural de Toldaos, cun programa diverso de eventos e actividades.
O festival comezará ás 10.00 horas este 24 de xuño e será co inicio dunha ruta guiada que procurará o desfrute do patrimonio e da natureza do entorno. A reserva é precisa e debe facerse chamando ao teléfono 629 990 752. O punto de saída está fixado na igrexa de San Xoán de Toldaos e a actividade custará dous euros por persoa.
Xa o 25 de xuño, ao redor das 17.30 horas, acontecerá un recital poético en As Pedras das Mouras e a súa entrada será gratuíta. Por volta das 19.30 da tarde, tamén haberá un espectáculo de títeres chamado A vida de Rosalía no campo do Adrio.
Máis tarde, actuarán Cadela Asasina e Xerezade.