Todo preparado para seis días de festexos e concertos en Monforte de Lemos
Chegan un ano máis as esperadas festas patronais do concello de Monforte de Lemos para facer as delicias de tódolos asistentes con multitude de actos previstos entre os días 10 (cando tivo lugar o pregón a cargo de la exdiputada e escritora monfortina Margarita Rodríguez Otero) e 16 de agosto.
Está previsto que o programa de hoxe xoves comece ás 13.00 horas co VII Festival Cómico A Rúa é vosa, no que actuará Luigi Ludus e ofrecerá maxia e música na praza de España co espectáculo Cantando baixo a maxia.
Ás 20.00 horas terá lugar o festival cómico de novo a cargo de Luigi Ludus na praza de España representando shows para toda a familia.
Ás 20.30 horas o grupo de Batucada Creativa de Monforte de Lemos amenizará con un pasarrúas dende o barrio da Pinguela ata o centro da ciudade, e ás 22.30 horas terá lugar o concerto de María Do Ceo na praza de España co seu espectáculo A Fandista (cos fados más tradicionais da música portuguesa e as cancións galegas máis recoñecidas).
ÁS 22.30 comezará tamén a quenda das orquestras. Está previsto que hoxe actúen a orquestra Finisterre e ás 00.00 horas, a orquestra Panorama.
Maña Venres 12 de agosto, os actos comezarán de novo ás 13.00 horas co VII Festival Cómico A Rúa é vosa e a actuación a cargo de Maiclown na praza de España (co seu espectáculo Tentación Divina, no que emprega técnicas artísticas coma o teatro xestual, clown e acrobacias aéreas).
Pola tarde ás 20.00 horas continuará a actuación de Maiclown cun novo pase para toda a familia e ás 20.30 horas Os Xograres de Lemos amenizarán as rúas dende o barrio Val de Lemos ata o centro da cidade.
Ás 20.30 horas terá lugar tamén o concerto da Banda de Música de Vilalba na praza de España, ás 23.00 horas haberá verbena coa actuación da orquestra Los Satélites na praza da Compañía, ás 00.00 horas será a quenda do concerto de La Oreja de Van Gogh e o último pase da orquestra Los Satélites, comezará ás 01.30 horas.