Todo listo para a Carreira Chandrexa Trail 2025

RibeiraSacraXa
Será o 18 de maio e formará parte por primeira vez do Campionato de España de Carreiras de Montaña en Liña
presentacion-chandrexa-trail-2025
Presentación do Chandrexa Trail 2025
14 May 2025

Este martes presentouse oficialmente a Carreira Chandrexa Trail, que este ano, grazas ao apoio institucional, formará parte do Campionato de España de Carreiras de Montaña en Liña da Federación Española de Deportes de Montaña e Escalada.

O evento celebrarase o próximo 18 de maio, e os participantes percorrerán a "Serra de Queixa" do "Macizo Central Ourensán", nas "Montañas da Ribeira Sacra". Deportistas de toda España competirán en diversas categorías: CH35 2300+, CH23 1277+, CH18 960+, CH14 699+ e CH9 580+.

Os preparativos para a proba están practicamente rematados, co 95% dos percorridos xa limpos dende a semana pasada. Este evento promete ser unha cita importante para os amantes do deporte de montaña na rexión.

⚙ Configurar cookies
0.1872570514679