Tito Rober actuará co seu monólogo 'Grandes hits' en Monforte
O Concello de Monforte de Lemos, dentro do seu programa de actividades para o Nadal 2022-23, celebrará un monólogo a cargo de Tito Rober, titulado 'Grandes hits' na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro este mércores 4 de xaneiro ás 20.00 horas.
No monólogo, ademais dos seus grandes hits, haberá ocasión de escoitar anécdotas de bares de todo tipo e historias, sobre as relacións de parella, situacións que nos trouxo e deixa a pandemia; o 'satisfayer'...
O humorista
Tito Rober é un humorista ourensán afincado na Coruña que ten xa unha traxectoria contrastada nisto do humor, con premios recibidos en certames de monologuistas antes da pandemia.
Tamén ten colaborado en programas da TVG e dende hai un tempo traballa moito a improvisación. Neste eido, participa en espectáculos nos que comparte escenario con grandes do humor como Oswaldo Digón, entre outros.