Tino Sierra, veciño de Trives, recibiu a Medalla de Ouro como adestrador na Gala do ADAS Cupa
RibeiraSacraXa
Dende o Concello celebran este recoñecemento que pon en valor o traballo do adestrador no crecemento do atletismo local

31 Oct 2025
O adestrador de atletismo Tino “Tinocho” Sierra foi distinguido coa Medalla de Ouro na modalidade de adestradores durante a Gala do ADAS Cupa do Barco de Valdeorras, un evento que celebrou o seu 43º aniversario recoñecendo os valores e a traxectoria do atletismo galego.
Desde o Concello da Pobra de Trives trasladaron os seus parabéns a Tinocho polo seu traballo, constancia e dedicación ao longo de 17 anos, e pola súa labor no crecemento do deporte local e os éxitos acadados polo atletismo trivés.