Terceira xornada de protestas pola falta de médicos no Courel cunha fideuá popular
RibeiraSacraXa
Están a organizar unha concentración na xerencia do Sergas, no HULA o luns ás 12:30 da mañá
Concentración de Folgoso do Courel
1 Xuño 2024
Este venres, por terceiro dia nesta semana, tampouco houbo médico nos centros de saúde do Courel. Durante a mañá do venres rexistráronse máis dun cento de reclamacións nos centros de saúde de Seoane e Folgoso.
Nesta nova xornada de protestas, os veciños concentráronse na praza do Concello e prepararon unha fideuá popular para amenizar a xornada reivindicativa.
A próxima semana, non haberá médico nin martes nin xoves, e a veciñanza contra o abandono do Courel, está a organizar unha concentración na xerencia do Sergas, no HULA o luns ás 12:30 da mañá.