Tarxeteiros pola igualdade na Pobra do Brollón
RibeiraSacraXa
O Concello reparte uns simbólicos tarxeteiros en cor violeta entre o persoal municipal e os negocios locais, onde poden recollelos os veciños
10 Mar 2021
Trala recente conmemoración do Día Internacional da Muller e mantendo aínda a alerta máxima por mor da covid, o Concello da Pobra do Brollón continúa coas iniciativas a prol da igualdade.
Así, o goberno local repartiu uns simbólicos tarxeteiros en cor violeta entre o persoal municipal e agora está a entregalos tamén nos negocios locais, onde poderán ser recollidos polos veciños e veciñas que así o desexen.
Desde o Concello aseguran que con esta acción pretenden "espallar a mensaxe da igualdade e respecto" no municipio.