Tarabela Creativa achega A Pobra do Brollón a súa obra
RibeiraSacraXa
Ángeles Goás, Dani Blanco e Carmen Conde xúntanse nun espectáculo de narración oral baixo o título Sentido Común.
25 Apr 2021
Ángeles Goás, Dani Blanco e Carmen Conde xúntanse nun espectáculo de narración oral cunha selección variada de historias baixo o título Sentido Común.
Nesta obra a risa dá para moito e durante a sesión, escoitaranse contos de xente común e corrente, mostrando que todas teñen que contar, e tamén contos nos que se aplica ou nos que falta o menos común dos sentidos.
Este espectáculo é para público adulto e chega da man de Tarabela Creativa. Será o día 29 de abril na Casa da Cultura Olga Novo da Pobra do Brollón ás 20:00 horas.