Taboada volveu a ser exemplo de loita contra a vespa velutina

RibeiraSacraXa
Un ano máis, o Concello involucrou á veciñanza na loita contra esta especie invasora a través dunha xornada que acadou un gran éxito de participación
xornada-velutinas-taboada
Charla sobre velutinas, Taboada
23 Apr 2025

Un ano máis, o Concello de Taboada converteuse nun exemplo de compromiso na loita contra a vespa velutina a través dunha xornada organizada para involucrar á veciñanza no control desta especie invasora.

Nunha charla impartida por Enrique Rojo e que acadou un gran éxito de participación, os veciños e veciñas aprenderon sobre trampeo e recibiron material para comezar a instalar as trampas. Dende a organización desta xornada lembran a importancia de comezar agora coa instalación destas trampas, xa que é cando caen as raíñas, de xeito que se elimina un futuro niño con cada captura. Lembran ademais dende o Concello que segue habendo trampas dispoñibles a recoller nas dependencias municipais.

⚙ Configurar cookies
0.14135599136353