Taboada suspende a Festa do caldo de ósos
RibeiraSacraXa
O Concello e os hostaleiros decidiron pospoñer a celebración ata que se poida realizar sen riscos sanitarios
18 Xan 2021
Taboada quedará este ano sen a súa tradicional Festa do Caldo de Ósos. O Concello e os hostaleiros acordaron pospor esta cita gastronómica, prevista para o vindeiro 14 de febreiro, ata que se poida celebrar "con todas as grantías sanitarias e sociais".
Neste 2021, a Festa do Caldo de Ósos acadaría a súa edición número 30.