Taboada retoma a celebración da súa popular Festa de caldo de ósos
Taboada retoma a celebración da súa popular Festa de caldo de ósos, a última en celebrarse foi no ano 2020 xusto antes do confinamento. Nesta ocasión, terá lugar o 3 de abril xa que, coa situación pandémica actual, o alcalde Ramiro Moure considera que é máis prudente que esta cita non coincida co entroido xa que, nas últimas semanas o Concello tivo un número elevado de contaxios.
Esta nova data foi elixida porque no mes de febreiro celébranse máis festas gastronómicas como a Festa do Queixo de Friol ou de Arzúa. Desta forma, escolleuse o primeiro fin de semana co fin de que non coincidira con outra celebración do estilo e atraer así a máis xente á celebración desta cita. O programa dependerá das circunstancias sanitarias do momento. Porén, a intención é recuperar a programación habitual que inclúe entre outras actividades o festival musical Festóso, a exposición e venta de produtos do campo e derivados do porco, a ruta vitivinícola polos locais da vila, etc.
Os bares e restaurantes da zona están a organizar nese mes un menú gastronómico especial no que o protagonista será o prato típico de Taboada. Malia que, será preciso unha reserva previa.
Neste ano, a festividade cumpre a súa 30 edición. A data para esta celebración será o 3 de marzo. A última celebración foi o 22-23 de febreiro do 2020.