Taboada renova o seu equipamento para eventos con novas mesas e cadeiras pregables

O Concello de Taboada vén de incorporar un novo equipamento de mesas e cadeiras pregables, así como un remolque para o seu transporte, co obxectivo de facilitar a organización de actividades e eventos no municipio.
A adquisición, impulsada pola Área de Cultura e Deporte, foi financiada a través do Plan Deputación 2025 e permite dispoñer dun material máis moderno, seguro e funcional, que substitúe o anterior.
Desde o Concello destacan que esta mellora xa deu resultados positivos, pois o novo equipamento foi utilizado con éxito en varias ocasións, contribuíndo a apoiar e dinamizar as distintas iniciativas culturais, deportivas e sociais que se desenvolven en Taboada.