Taboada prepárase para celebrar a noite de San Xoán con sardiñas, panceta e unha fogueira no Campo da Feira

RibeiraSacraXa
Será este luns, 23 de xuño, a partir das 21:30 horas.
fogueira-san-xoan
22 Jun 2025

O Concello de Taboada, a través da súa Área de Cultura, organiza un ano máis a tradicional Noite de San Xoán, que terá lugar no Campo da Feira.

A cita será este luns 23 de xuño, e desde o Concello anímase a todas as veciñas e veciños a participar nesta celebración popular, que manterá o formato dos últimos anos e promete unha velada chea de ambiente festivo e tradición.

Como é habitual, a organización ofrecerá sardiñas, panceta e pan de xeito gratuíto, mentres que as bebidas estarán dispoñibles a prezos populares, para que todas as persoas asistentes poidan gozar sen preocuparse polo peto.

⚙ Configurar cookies
0.18643593788147