Taboada organiza unha charla informativa sobre a vespa velutina

O Concello de Taboada organiza un ano máis unha charla aberta ao público co obxectivo de ofrecer á veciñanza formación e ferramentas para combater a presenza da vespa velutina. A actividade terá lugar este luns 6 de abril, ás 16:30 horas, no salón de actos do Cuartel Vello.
Desde o Concello destácase a importancia da asistencia do maior número posible de persoas, co fin de actuar de maneira coordinada e colocar o maior número de trampas por todo o municipio, para reducir a presenza desta especie nos vindeiros meses.