Taboada organiza un curso intensivo de defensa persoal feminina

RibeiraSacraXa
Será o próximo 28 de decembro e require inscrición previa
taboada-curso-defensa-persoal
21 Dec 2025

O próximo domingo 28 de decembro, o Concello de Taboada programou un curso intensivo de defensa persoal feminina. A actividade desenvolverase en dúas sesións, de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas.

Para participar é necesario inscribirse previamente, chamando ao Concello ou contactando a través das súas redes sociais, e para a realización precisa dun grupo mínimo de sete persoas.

Esta iniciativa conta co apoio económico da Dirección Xeral de Igualdade e da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), e está organizada pola Área de Educación e Benestar do Concello de Taboada.

⚙ Configurar cookies
0.075721025466919