Taboada organiza un campamento de verán para nenos de 3 a 13 anos

RibeiraSacraXa
As actividades terán lugar do 1 de xullo ao 29 de agosto en horario de mañá
campamento-taboada
26 Jun 2025

Dende a Área de Deportes e Cultura do Concello de Taboada organizan un ano máis un Campamento de Verán, dentro do programa Corresponsables. O campamento contará cun total de 50 prazas, tendo preferencia os nenos e nenas empadroados, e estenderase entre o 1 de xullo e o 29 de agosto.

Os participantes desfrutarán de xogos, actividades e obradoiros en diferentes espazos do municipio, en horario de 10.00 a 13:30 horas. Haberá, ademáis, opción de solicitar o servizo de madrugadores, que comezará ás 9:30 horas.

As actividades terán lugar os luns na Escola de Hípica, os martes e xoves no pavillón, os mércores na área recreativa da Medela, e os venres en Ponte Mourulle. Dado que m moitas das actividades realizaranse maioritariamente no exterior, dende o Concello recomendan levar unha merenda, auga, calzado axeitado para xogar, crema solar e gorra.

Poderán anotarse nenos e nenas de 3 a 13 anos e as inscricións deberán realizase nas oficinas xerais do Concello.

⚙ Configurar cookies
0.17768502235413