Taboada inaugura a apertura da súa piscina municipal e celebra o fin das escolas deportivas

RibeiraSacraXa
O Medela Fest incluirá xogos, inchables, xogos acuáticos e sorpresas para os máis pequenos e as súas familias
piscina-taboada
24 Xuño 2024

Dende a Área de Deportes do Concello de Taboada veñen de anunciar que esta tarde abre oficialmente a piscina municipal, que terá horario de luns a venres de 14.00 a 21.00 horas e de 12.30 a 21.00 horas os sábados, domingos e festivos.

Ademais, no marco desta esperada apertura, ademais, esta tarde a partir das 16.30 horas, terá lugar lugar a festa de fin das escolas deportivas o mesmo día na Área recreativa da Medela.

"Convidamos a toda a veciñanza desfrutar das nosas zonas verdes e aos cativxs a asistir á denominada Medela Fest", din desde o Concello, xa que haberá inchables, xogos, pintacaras, xogos acuáticos e sorpresas.

0.11294913291931