Taboada impulsa novas actividades culturais, deportivas e educativas no mes de outubro

O Concello de Taboada colabora impulsa novas actividades culturais, deportivas e educativas dirixidas á veciñanza do municipio no mes de outubro, a través da colaboración con diferentes entidades locais na posta en marcha de múltiples iniciativas que complementan a oferta municipal ao longo do curso.
Entre as propostas destacadas figuran os cursos de gaita, pandeireta, percusión e baile tradicional organizados pola asociación Rechouchios Taboada, que se desenvolven cada venres na Casa da Cultura. Tamén se ofrece un obradoiro de pintura infantil os luns, destinado a fomentar a creatividade dos máis pequenos, e sesións de baile deportivo infantil a cargo de Goldance, que teñen lugar os mércores e están dirixidas a nenas e nenos a partir dos tres anos.
Ademais, o Centro Cívico acolle cada xoves clases de taekwondo, unha disciplina que combina arte marcial e defensa persoal, impartidas polo equipo Neka Monforte Neka Vega.
As inscricións permanecen abertas durante o mes de outubro, con prazas dispoñibles para todas as actividades. As persoas interesadas poden consultar os horarios, idades e condicións directamente nas entidades organizadoras.