Taboada homenaxeará as súas cantareiras polo Día das Letras Galegas

RibeiraSacraXa
O acto terá lugar o 17 de maio centrado na figura de Francisca García e contará coa participación de Tereixa Novo, membro do histórico grupo Fuxan os Ventos
letras-galegas-cantareiras
9 May 2025

O Concello de Taboada, a través da Área de Cultura, Deporte e Medio Rural, anunciou a celebración dunha homenaxe ás súas cantareiras populares a través da figura de Francisca García (1917-2008), veciña da “Casa de Recadeixe”, do lugar taboadés de Quinzán do Carballo, informante de varias pezas musicais tradicionais.

Para iso, o acto contará coa presenza de Tereixa Novo, membro do histórico grupo Fuxan os Ventos, que garda unha relación especial coa citada informante.

O acto terá lugar o día 17 de maio ás 18.00 horas na Casa da Cultura de Taboada e incluirá actuacións musicais de grupos locais.

Con esta iniciativa, que conta coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, Taboada súmase por primeira vez cun acto específico á celebración das Letras Galegas, que este ano homenaxean as cantareiras populares do país, como piar fundamental na transmisión e mantemento da nosa música, cultura e identidade.

A Área de Cultura do Concello de Taboada anima a todas as persoas que así o desexen a acompañarnos nesta homenaxe.

⚙ Configurar cookies
0.15964698791504