Taboada habilita un novo camiño cultural para poñer en valor o patrimonio

RibeiraSacraXa
'O Camiño dos Mouros', entre as parroquias de San Tomé e Bembibre, foi acondicionado tras un investimento de 5.572 euros
presentacion-camino-dos-mouros
23 May 2025

O Concello de Taboada, a través da Tenencia de Alcaldía, vén de anunciar a apertura do camiño cultural 'O Camiño dos Mouros' , unha nova senda que busca promover entre a veciñanza e os visitantes a posta en valor do patrimonio etnográfico e medioambiental do concello, no marco da Reserva da Biosfera da que forma parte.

A sinalización habilitada percorre un treito de camiños rurais de 1,7 km entre as parroquias de San Tomé e Bembibre, na zona próxima á Fonte dos Mouros, de onde toma nome a nova senda.

A intervención, que inclúe balización, bancos, carteis indicadores e paneis informativos, contou cun orzamento de 5.572 euros, cofinanciada con 4.605 euros a través da Xunta de Galicia e os Fodos FEADER.

O vindeiro 7 de xuño terá lugar un primeiro percorrido guiado que servirá de presentación oficial para este camiño.

⚙ Configurar cookies
0.06555700302124