Taboada executa as primeiras obras do Plan Deputación 2025

RibeiraSacraXa
Os traballos consistiron no arranxo dun tramo da pista de acceso ás ribeiras na parroquia de Mourulle e o acondicionamento entre o Muro e o cruce de Mosteiro
obras-lpu-4905jpg
24 Aug 2025

O Concello de Taboada vén de executar as primeiras actuacións incluídas no Plan Deputación 2025.

Os traballos desenvolvéronse en dúas zonas: por unha banda, o arranxo dun tramo da pista de acceso ás ribeiras na parroquia de Mourulle; e, por outra, o acondicionamento doutro tramo da estrada LU-P-4905, entre o Muro e o cruce de Mosteiro, na parroquia de Xián.

Esras obras forman parte do programa de melloras que o municipio irá acometendo ao longo do ano grazas aos fondos provinciais.

⚙ Configurar cookies
0.074609041213989