Taboada estrea unha nova ruta de senderismo

RibeiraSacraXa
'A Embelesadora' ten saída e chegada na parroquia de Vilela, e discorre ademais polas de San Xián de Campo e de Sobrecedo
'A Embelesadora'
'A Embelesadora'
13 Nov 2024

O alcalde de Taboada, Roi Rigueira Agromartín, vén de anunciar que o Concello de Taboada dispón dunha nova ruta de senderismo, 'A Embelesadora', “unha ruta sensorial na que importa ver, ulir, tocar, escoitar e pararse a desfrutar de tódalas marabillas que se nos ofrecen ao longo dos seus 10.52 quilómetros”, destaca.

A ruta ten saída e chegada na parroquia de Vilela, e discorre ademais polas de San Xián de Campo e de Sobrecedo, “nun percorrido que mestura as marabillosas vistas da ribeira cun paseo entre carballos e castiñeiros e atravesando tamén algunha das nosas aldeas”, destaca Rigueira.

O alcalde pon en valor que esta ruta supón “un ecurso turístico máis para o noso concello, considero que de moita importancia, e que foi cofinanciado polo Ribeira Sacra Consorcio de Turismo, a Secretaría de estado de Turismo e a Axencia Turismo de Galicia, ao amparo do Plan de Sostibilidade da Ribeira Sacra”.

0.16816186904907