Taboada estrea un novo miradoiro

Este mércores, o Concello de Taboada inaugurou o Miradoiro de A Tragariza, un novo recurso turístico situado na parroquia de Santa María de Xián, no municipio de Taboada. A iniciativa, promovida en colaboración co Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra, pretende diversificar a oferta de puntos de observación do río Miño.
Ubicado nunha zona coñecida precisamente como A Tragariza, o miradoiro ofrece unha perspectiva diferente ás habituais do cauce fluvial: un paisaje abrupto e agreste, marcado pola presenza de grandes penedos e cortados pronunciados.
O proxecto forma parte do Plan de Sostibilidade Turística da Ribeira Sacra, cofinanciado polo Consorcio de Turismo, a Secretaría de Estado de Turismo e a Axencia de Turismo de Galicia.
A concelleira de Turismo, María José Poyán, e o alcalde, Roi Rigueira, visitaron o lugar para supervisar o resultado da obra e desfrutar da panorámica que, a partir de agora, poderán contemplar veciños e visitantes.