Taboada escolleu aos gañadores do concurso de Entroido

RibeiraSacraXa
Foron premiados os tres disfraces que tiveron máis 'gústame' nas redes sociais do Concello. Levan cadanseu vale de 50 euros
miniatura concurso entroido taboada
2 Mar 2021

O Concello de Taboada vén de dar a coñecer os nomes dos gañadores do concurso de Entroido que convocara a través das redes sociais, e que se decidían en base aos 'gústame' que obtiñan.

Así, as afortunadas foron: Sara Gabeiro Carballas (con 802 'gústame'), Xiana e Lara Taboada Varela (con 633), e Mía Ratón Sobrado (con 509). Elas recibirán os tres vales, de 50 euros cada un, para gastar no comercio local de Taboada.

Ademais, o Concello sorteou outros 3 vales, neste caso de 30 euros cada un, entre todos os participantes. Foron para Iago Blanco Vence, Zeltia Rigueira Ramos e Begoña López Fernández.

concurso entroido taboada 2021
0.16437911987305