Taboada e Chantada acollen actividades polo Día Internacional das Mulleres Rurais

RibeiraSacraXa
Estas actividades desenvolveranse este martes, 15 de outubro, e o xoves, 17 de outubro
actividades-muller-rural
14 Out 2024

Para a celebración do Día Internacional das Mulleres Rurais, dende Acción contra el Hambre- Galicia organizaron actividades en diferentes lugares, entre eles, Taboada e Chantada.

Desta maneira, este martes 15 de outubro terá lugar a xornada ‘Mulleres, liderando o rural’ no centro sociocultural e xuvenil de Taboada de 17.00 a 20.00 horas.

Mentres, o xoves, 17 de outubro, a partir das 16.00 horas haberá un escape room no Auditorio Municipal de Chantada, ata ás 18.30 horas.

0.182049036026